Carmen Basadre presentou esta mañá a II Copa Internacional de Pentatlón Moderno Cidade de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con Paco Villanueva representante da Federación de Pentatlón Moderno lucense e Manolo Cadramón, xefe de deportes da Xunta de Galicia en Lugo, presentaron esta mañá a II Copa Internacional de Pentatlón Moderno da cidade de Lugo que se celebrará este domingo entre as piscinas municipais Frigsa e As Pedreiras.

Manolo Cadramón quixo dar a benvida a todos os participantes e as grazas ás administracións da Deputación e o Concello de Lugo que son algúns dos patrocinadores do evento. O xefe de deportes da Xunta en Lugo afirmou que o pentatlón moderno, con apenas 105 anos sendo olímpico é un deporte moi descoñecido no que a nosa cidade é punteira e conta con varios campións de España en distintas categorías, a pesares, dixo, “de que é un deporte moi difícil de practicar e entrenar nesta provincia”.

Pola súa parte, Paco Villalón, afirmou que espera que este deporte e, en especial esta proba, colla pouso no calendario internacional para categorías menores. Faise a segunda edición na que participarán 127 deportistas de españa e Portugal.

Pola mañá celebraranse os pentatlóns de categorías de bexamín e cadete que comezarán con natación en Frigsa e continuarán nas pistas de atletismo de As Pedreiras e pola tarde, todas as categorías participarán en Laser Round, nas Pedreiras que é a combinación de carreira e tiro.

Ademáis, Villanueva destacou que esta proba será un memorial a José Carlos Vidal, directivo de Pentatlón Moderno falecido o pasado verán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com