O PP reivindica en Mondoñedo o papel da muller no rural e avoga por priorizar a súa visibilidade

O Partido Popular de Lugo reivindicou hoxe en Mondoñedo, no marco do acto conmemorativo do Día Internacional da Muller, o papel que estas desempeñan no rural. Neste senso, no encontro inaugurado pola directora xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Esperanza Orellana; pola presidenta provincial e alcaldesa da localidade, Elena Candia; e pola coordinadora de Igualdade do PP en Galicia, Susana López Abella; se avogou por priorizar as seguintes áreas de actuación “co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres no rural galego”. Referiuse así, López Abella, á necesidade de incrementar a súa visibilidade, á promoción de emprendemento, á conciliación da vida familiar e laboral e ao fomento do uso das TIC.

Para López Abella, “Galicia non se entende sen o rural”, e no rural -explicou- a presenza das mulleres foi clave para evitar o despoboamento e para un desenvolvemento sostible, esto “constitúe unha garantía de viabilidade, identidade, progreso e cohesión para toda a sociedade”.  A coordinadora de Igualdade afirmou que “poñer en valor e recoñecer a posición das mulleres no medio natural é garantirlles igualdade de oportunidades” polo que o seu partido loita por acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen. E é que, “só así será posible mellorar a súa calidade de vida e potenciar un desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural; o que leva aparellado, sinalou, un incremento da incorporación das mulleres aos órganos de dirección do sector agroalimentario”.

Neste compromiso, enmárcase “o propio lema do Partido: de igual a igual. Temos que ser as líderes do noso presente. Como dixo o presidente Feijóo estes días, Galicia ten nome de muller”, concluíu.

Na mesma liña, Esperanza Orellana destacou a importancia de impulsar este colectivo, a través de medidas que fomenten o emprego, a diversificación no rural e plans de mellora da actividade agraria. Orellana sinalou que nos últimos catro anos, o Goberno Central destinou a estes plans máis de 5 millóns de euros. “Durante a crise, no sector agroalimentario, as mulleres son e foron o salvavidas e o motor. Por iso é importante que elas e nós tamén participemos no deseño de políticas europeas”, defendeu a directora xeral de Desenvolvemento.

Pola súa banda, a alcaldesa da localidade e presidenta provincial apuntou que, “no  recoñecemento dos dereitos das mulleres, non debemos dar nin un paso atrás”, e reivindicou que os principios de mérito e capacidade non teñen “idade nin sexo”. “É necesario que se nos dean as mesmas oportunidades e se nos mire como iguais. Sen nós, o rural, non vai a ningures”, sentenciou Elena Candia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com