O Goberno da Deputación mantén activado o protocolo invernal para facer fronte ás inclemencias meteorolóxicas rexistradas durante o día de hoxe. Son un total de 10 operarios e máquinas as que están a traballar en Concellos da Montaña Lucense, onde houbo acumulacións de neve de entre 5 e 10 centímetros.
As estradas nas que traballan técnicos provinciais son: O Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”.
Pedrafita: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullán”.
Cervantes: LU-P-1401 “de LU-P-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.
A pesares que nestes momentos todas as estradas da rede viaria provincial están abertas ao tránsito, a Deputación manterá activado o dispositivo invernal, composto por 64 máquinas e 112 operarios, por se fora preciso volver a atender calquera incidencia relacionada coa neve ou co xeo en estadas provinciais e municipais.