A oposición do Concello de Lugo logra que Lara Méndez convoque a Comisión do Garañón

A presión unánime dos cinco grupos da oposición no Concello de Lugo (PP, Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE) respecto á Comisión do Garañón deu resultado. A alcaldesa, Lara Méndez, convocou esta mesma mañá para o vindeiro mércores ás 10:30 horas a primeira reunión da Comisión específica pedida hai unha semana polos portavoces dos cinco grupos políticos nun escrito asinado conxuntamente e entregado no Rexistro.

A convocatoria aos grupos chegou ás dez e vinte desta mañá cando a oposición mantiña unha nova xuntanza nas dependencias municipais, para analizar a actual situación logo das últimas sentenzas xudiciais que cuestionan o proceso levado a cabo na Unidade de Actuación CS-5 (O Garañón) e estudar os novos pasos a dar, en defensa dos intereses da cidade.

Os cinco partidos da oposición consideran que o diálogo e o acordo entre todos os grupos que forman parte da actual Corporación Municipal debe ser o camiño a seguir para dar unha solución ao Garañón vantaxosa para os intereses da cidadanía. Por iso, consideran logrado o primeiro obxectivo que foi a convocatoria da propia Comisión, pero esixirán nela resultados e decisións acordadas en beneficio da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com