O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Friol conseguiu introducir melloras na ordenanza reguladora do viveiro de empresas proposta polo Alcalde de dita localidade, “facéndoa máis xusta, transparente e eficaz”. O Pleno municipal aprobou por unanimidade dita ordenanza, mellorada polas aportacións dos socialistas.
O voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, destacou que “no pasado Pleno, conseguimos que a proposta do rexedor quedase sobre a mesa, co fin de convocar unha xuntanza entre Goberno e oposición para introducir modificacións no modelo de concorrencia dos interesados, prazos de uso ou as actividades que aló se poden desenvolver, entre outros”.
Deste xeito, o Alcalde atendeu a petición dos socialistas para introducir modificacións coas que se acada unha ordenanza que favorece a participación de todos os veciños, sendo moito máis obxectiva que a proposta polo rexedor municipal. “Este é o noso xeito de entender a política, no que apostamos por implicar nos asuntos municipais a todos os grupos políticos, para ser máis eficientes e transparentes”, salientou o voceiro socialista.
Entre as melloras introducidas atópase, entre outras medidas, unha maior concreción nas actividades a desenvolver no viveiro, así como un sistema de acceso vía convocatoria pública, o establecemento de prazos máximos para usar o viveiro ou a realización dunha valoración individual e máis xust, para garantir unha maior obxectividade nos trámites de valoración.