Un home duns 60 anos resultou ferido esta mañá en Pedrafita do Cebreiro ao caerlle un tronco enriba. A vítima estaba cortando madeira nun monte da zona de Modreiro, na parroquia de Padornelos, cando se produciu o incidente.
Ata o lugar, unha zona de moi difícil acceso, foi mobilizado xa o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Foron, precisamente, os efectivos sanitarios os que explicaron o ocorrido ao 112 Galicia ás 12:10 horas desta mañá.
Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron dos feitos ao GES de Becerreá e á Garda Civil.