Unha mesa redonda sobre coeducación centrará a presentación do proxecto Coeduc@

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a directora da Consultora de Coeducación Coeduc@, Pilar Porral, e o director do CIFP Politécnico, Antonio Ibáñez, presentaron este martes no Salón de Plenos a mesa redonda A Igualdade na Educación: a coeducación como motor de cambio, que terá lugar mañá mércores, 15 de marzo, ás 20:15 na sede de Afundación en Lugo.

Ana González Abelleira lembrou que “neste mes no que se conmemora o Día Internacional das Mulleres, dende o Concello apoiamos esta iniciativa da coeducación, para eliminar todos os estereotipos que hai na sociedade e para manter os valores da igualdade e difundilos”.

Pola súa banda, Pilar Porral explicou que nesta xornada presentaranse as escolas coeducativas como alternativa ás actuais escolas mixtas “para educar en igualdade a mulleres e homes, previr a violencia de xénero e o acoso escolar e mellorar a convivencia na nosa sociedade”.

A mesa redonda estará presidida por Ana González Abelleira, xunto coa directora da primeira consultora de coeducación de Galicia, Pilar Porral, e os dous primeiros directores de CIFP de España que están implantando Plans de Igualdade nos seus centros educativos, o Politécnico e As Mercedes, Antonio Ibáñez e Joaquín Expósito respectivamente, que acudirán para explicar esta iniciativa pioneira en Galicia con metodoloxía importada de Finlandia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com