A Deputación aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o procedemento de adxudicación para a xestión e dinamización dos hortos urbáns situados no paseo do río Rato e en Paradai. O ente provincial achegará 142.000 euros para un contrato cunha duración de 24 meses.
A empresa concesionaria será a encargada de manter os hortos e atender aos beneficiarios, ademáis de pór a disposicion dos usuarios permanentemente un técnico agrario e un xardiñeiro. Asemade deberán ofrecer accións formativas concretas que se establecerán a través dunha xuntanza cos usuarios dos hortos.
Con este proxecto de remodelación dos hortos que leva o nome de “Os agros do Rato e Paradai”, a deputación pon a disposición dos veciños 10 mil metros cadrados en 3 fincas no Rato e unha en Paradai.
Este plan inclue varias fases que explicou a vicevoceira provincial Sonsoles López Izquierdo e que comezan por facer obras de mellora nas parcelas, reorganizándoas e arranxando os accesos ás mesmas, obras que se prevén para o próximo inverno, pendentes da autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
“Primaremos tamén, tal e como facemos en todos os contratos da Deputación, melloras salariais en relación aos Convenios profesionais; así como o aumento no número do persoal”, destacou López Izquierdo.
“Cómpre subliñar que aínda que empresa será a encargada de manter os hortos e atender aos beneficiarios, o Goberno da Deputación de Lugo, concretamente a área de Medio Ambiente, velará polo correcto funcionamento deste servizo”, podendo incluso rescindir o contrato se fose necesario.
Para saber as peticións que más lles interesaba aos beneficiarios dos hortos, o ente provincial falou cos usuarios aos que lles fixo 120 enquisas, que revelaron que o 100% dos usuarios ven este servicio como unha actividade de lecer moi importante pero o 90% ve diferencias no tamaño dos hortos.
En relación ás actividades nas que solicitan información e formación son sistemas de rego, poda de árbores, mantemento do solo, control e uso de praguicidas e a elaboración e o uso de compostaxe. Ademáis, os beneficiarios queixaronse de furtos nos hortos e pediron máis seguridade nas zonas así como a instalación de puntos de recollida de residuos.