Alaw e Davide Salvado pechan o MusicAD da Deputación na Capela de Santa María

A Capela de Santa María acollerá mañá ás 20:30 horas o concerto do grupo galés Alaw, que se enmarca dentro do MusicAD, a programación musical totalmente gratuíta para os lucenses que o Goberno da Deputación decidiu pór en marcha durante o mes de marzo na Capela de Santa María. As entradas para asistir aos concertos son totalmente de balde e pódense recoller na propia capela.

Mañá o grupo galés Alaw actuará sobre a base dunha gran riqueza de experiencias musicais, Alaw envía ao seu público a unha viaxe musical a través da India e Bulgaria, pero, sobre todo, é percibida a paixón polas vellas cancións de Gales. Alaw comezou sendo un dúo entre Dylan Fowler e Oli Wilson-Dickson e, sempre que é posible, úneselles o  seu colaborador habitual Jamie Smith, recoñecido acordeonista.

Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto. Dylan e Oliver tocaron xuntos en Szapora e na orquestra Ian McMillan.

Por último, o sábado 25 de marzo, e para rematar a programación de concertos do MusicAD da Deputación, Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán Lobos, o último traballo do músico marinense. Davide Salvado de formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir.

Pedro Pascual (acordeón e cordas) é o produtor de Lobos, o último disco de Davide. Na actualidade toca no grupo Talabarte e ten una ampla traxectoria en bandas tan coñecidas como Marful.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com