O entorno no Centro comercial As Termas será testemuña mañá da terceira das probas, onde colexios, familias e equipos dispútanse as distintas clasificacións non individuais do 17º Circuíto Larsa Corre Con Nós, que organiza o Concello de Lugo.
Este certame vai gañando adeptos a medida que avanzan as súas probas. Dende principios de semana ata o peche da inscrición para esta 3ª proba apuntáronse mais de 20 participantes. O circuíto mixto, de asfalto e terra fará atractiva a proba, máis tendo en conta que as previsións meteorolóxicas para a hora do evento son favorables, temperaturas suaves e ceos parcialmente soleados.
Con saída e chegada no aparcamento superior do Centro Comercia As Termas, a proba de minibenxamín comezará as 12 da mañá seguido por benxamíns e alevíns que sairán dez minutos despois. As categorías dos nados entre 2002 e 2005, infantil e cadete correrán 2.335 metros e sairán as 12.20 horas. Por último, as 12.40 os adultos percorrerán os 4670 metros correspondentes a súa proba.670 metros
Hai, ata hoxe, un total de 29 colexios participantes, clasificación que encabeza o CEIP Illa Verde, seguido no CPR Padres Franciscanos e o CEIP Anexa. Das 89 familias inscritas é a de Eugenio Caerio a que lidera a clasificación, por diante da de José Antonio Viña e Rocío Díaz. Son 33 os equipos que compiten nesta 17ª edición deste circuíto organizado pola Concellería de Deportes. Os primeiros clasificados, a día de hoxe, en Equipos mixtos é o Penarrubia, en masculinos o Marraners e feminino o MTC Loures.
En categoría individual masculina encabeza o circuíto Nicolás Arroxo, seguido de Gustavo Platas e Juan Pena. En canto á clasificación da categoría feminina, está liderada por Silvia Fernández, con Ana Belén González e Sara López nos postos de honra. A Xeneral de adultos compensada ten a Josefina Castro, coma primeira clasificada de xeito provisional, seguida de Fernando Porto e de Higinio Rodríguez. Nesta mesma proba, o ano pasado os gañadores absolutos foron, Nicolás Arroxo e Elva Vélez.