A capela de Santa María de Lugo foi novamente o escenario dun novo éxito de público, coas 200 entradas dispoñibles esgotadas, coa actuación do grupo galés Alaw, dentro dentro do ciclo MusicAD. Esta iniciativa, completamente gratuíta, que organiza o Goberno Provincial a través do CENTRAD achegou 5 actuacións de música á Capela de Santa María dende o 4 ata o 25 de marzo.
Neste concerto, a formación galesa trasladou ao público lugués a unha viaxe musical a través da India, Bulgaria, pero, sobre todo, na súa actuación percibiuse a paixón polas vellas cancións de Gales. Desde a elegancia ao virtuosismo, Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto, e da que o público asistente puido desfrutar.
“Dende o Goberno da Deputación apostamos por este tipo de actividades que achegan gratuitamente unha programación musical de primeiro nivel a todos os lucenses, e que axudan a fomentar e difundir o traballo dos artistas da provincia”, afirmou a deputada Pilar García Porto. Na Capela de Santa María xa actuaron, a violonchelista lucense Rosa Cedrón, o grupo burelés Batuko, Tabanka, o compositor Xosé Manuel Budiño, e este mesmo sábado o grupo Alaw, todas con cheo absoluto.