A Asociación Animalista ‘Libera!’ presenta unha denuncia contra o circo instalado en Lugo

A asociación animalista Libera! remitiu hoxe unha nova denuncia administrativa pola colocación ilegal de cartaces publicitarios no mobiliario do Concello de Lugo por parte do circo con animais que se instalou a pasada semana nunha parcela de Augas Férreas, sen que o goberno local esixira a retirada do material.

Os animalistas lembran que a Ordenanza de Protección Ambiental veta explicitamente a colocación de publicidade en material dependente do Concello, asemade, o decreto asinado pola alcaldesa Lara Mendez autorizando o espectáculo tamén especifica o veto destas tácticas promocionais, pero aseguran que a empresa “fai caso omiso a estas normativas”.

Neste senso, o colectivo en defensa dos animais sinala que “a non acción do goberno local ven de lonxe”, e recordan cando no “pasado mes de setembro denunciouse un comportamento similar por parte doutra compañia circense sen que o Concello trasmitira o estado da denuncia despois de seis meses”, o que supera os prazos marcados pola normativa estatal sobre Transparencia e Participación Cidadá.

O pasado sábado, Libera! xunto co BNG e Lugonovo, criticou a pasividade do consistorio que, segun din, “ignora de forma deliberada os acordos plenarios deixando en papel mollado unha moción suscrita por 54 municipios de Galicia que sí aplican estas disposicións aprobadas en pleno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com