Activado o plan de emerxencia en 6 Concellos lucenses por acumulación de xeo e neve

A Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de neve e xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 46 operarios e 21 máquinas acondicionaron máis de 30 estradas provinciais e municipais, onde as acumulacións de neve oscilaron entre os 5 e os 10 centímetros.

Nestes intres todas as estradas afectadas están abertas ao tráfico. O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado pois a previsión é que continúe nevando tanto ao longo desta mañá, como durante a vindeira madrugada. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.

As estradas onde máis acumulacións se rexistraron son:

Folgoso do Courel: LU-P- 1301 “de Seoane do Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “de Mostade por Romeor a Casares”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306 “da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-4501 “do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel, e acceso a Meiraos”; LU-P-4701 “de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505”; “do Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, LU-P-5601 “de Samos ao Courel e Rampa a Santa Mariña”.

Cervantes: LU-P-1401 “de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.

A Fonsagrada. LU-P-1906 “de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”.

Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”, LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia al Alto de Labiadas”.

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.

Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”.

Para o acondicionamento destas vías, mobilizáronse 12 máquinas quitaneves con coitela ou cuña e saleiro, 6 medios de intervención rápida “pick up” con coitela ou cuña e saleiro e 3 coches de apoio provistos de medios mecánicos como picos ou palas para facer fronte a derrubamentos ou caídas de árbores, entre outros..

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com