Unha persoa resulta ferida tras sufrir queimaduras por un incendio na súa casa

Unha persoa foi trasladada ao HULA por Urxencias Médicas  tras sufrir queimaduras na súa vivenda despois de arder a campá extractora. A vítima foi evacuada ao centro hospitalario, tamén, debido a unha posible intoxicación por inhalación de fume. Os feitos tiveron lugar na rúa Doña Urraca. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dun particular ás 15:00 horas.

De contado, o CAE 112 informaba do incendio aos Bombeiros de Lugo, á Policía Local, a Protección Civil e a Urxencias Médicas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com