O Concello xunto coa fundación Mapfre e FEAFES presentaron esta mañá o programa de inserción laboral, ‘Xuntos somos Capaces’

O Concello de Lugo xunto coa Fundación Mapfre e Feafes, a federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental, presentaron esta mañá o programa de inclusión laboral, Xuntos somos Capaces.

Na xuntanza estivo presente a alcaldesa, Lara Méndez, o director de Mapfre en Lugo, José María Rañón, e o vicepresidente de Feafes Galicia e presidente da Asociación Alume, Manuel Fernández. Asemade, estiveron presentes os representantes das catro empresas colaboradoras que acollen traballadores, Clece, Urbaser, Lacera e Calfensa.

Lara Méndez destacou o traballo que a fundación Mapfre e Feafes levan a cabo e co que conseguiron “eliminar estigmas sociais e facer conciencia”. O Concello colabora como mediador nestes programas cos que ademáis aporta “o seu gran de area”, segundo afirmou a rexedora, quen chamou asemade a que outras empresas se impliquen no proxecto.

Lara Mendez asegurou que “as administracións deben velar polos colectivos e persoas que poidan ser máis vulnerables, e así o fai o Concello de Lugo adicando o 21% do orzamento municipal para fines sociais“.  A rexedora quixo agradecer tanto ás empresas colaboradoras como a Feafes e a fundación Mapfre pola súa labor social e desexou sorte a todos os usuarios do programa para que poidan manter o seu posto de traballo unha vez rematada a formación e as practicas deste proxecto.

Pola súa parte, José María Rañón destacou a labor de Mapfre que conseguiu que empresas galegas participen para integrar a 290 persoas. No concello de Lugo, neste novo programa se beneficiarán 13 persoas con discapacidade intelectual e enfermedade mental, que desempeñarán tarefas como xardiñería, limpeza e limpeza viaria. Asemade, Rañón presentou as axudas ás empresas que Mapfre ofrece para que pemes, autónomos e entidades sociais poidan contratar a persoas desempregadas de calquera edad. Toda a información e as bases destas axudas para as empresas están na web da fundación Mapfre.

No seu turno, Manuel Fernández, salientou a importancia da inclusión laboral como a mellor terapia para unha persoa con enfermidade mental. E destacou que a inserción non é algo que beneficie solo ao usuario senon tamén ao seu entorno e ás empresas, que en todo momento contarán cun técnico de Feafes para calquera duda que poida xurdir.

Asemade, os representantes de Clece, Urbaser, Calfensa e Lacera manifestaron o seu apoio a este programa e a importancia que ven á inclusión destas persoas. Asemade, deixaron claro que contar con estes traballadores na sua plantilla é un motivo de orgullo e chamaron a outras empresas a unirse a este proxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com