O Prone Lugo buscará a victoria este sábado ante o Aspe Vidal Ribera Navarra

Esta tarde celebrouse a rolda de prensa previa ao partido que este sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal) enfrontará ao Prone Lugo ante o Aspe Vidal Ribera Navarra.

En declaracións aos medios Diego Fente explicou: “Levo dous meses e noto que vou mellorando día a día, grazas á confianza que me dá o mister. O partido ante o Ribeira Navarra será un partido complicado, xa que eles están loitando por estar entre os oito primeiros, pero si competimos como nos partidos anteriores teremos opcións de puntuar. A clave está en competir e non cometer erros. O noso obxectivo é pelexar por manternos, aínda que está complicado.”

O entrenador Manolo Vázquez confirmou que Rubén será baixa. “O resto estarán todos, polo que haberá algún descarte. Estamos nunha boa dinámica de traballo, hai xogadores que están conseguindo o nivel que queremos, Antonio e Nacho Pedraza están tendo unha boa progresión, pero teñen que dar máis. Estamos facendo un traballo importante de cara ao futuro, queremos ter claro este mes quen vai quedar e quen non, a miña aposta vai ser quedarnos con todos os que están agora mesmo. A idea esta semana é saír a competir para gañar, aínda que temos que enfrontarnos a un gran rival que está moi ben traballado por Pato. O noso esforzo ten que darnos suficiente bagaxe para superar ao rival”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com