A localidade mariñana de Ferreira do Valadouro celebra hoxe e mañá o seu tradicional Mercado de Primavera que dará comezo as 21.00 horas desta tarde co pregón a cargo de Miguel Vilas e unha exibición de baile en zocas, a continuación terán lugar os xogos rurais que rematarán para dar comezo ao concerto de Chris Masuak e Viveiro Waves Riders as 23.00 horas no aparcadoiro municipal.
O sábado, 25 de marzo, as actividades municipais darán comezo as 10.00 horas coa apertura do mercado seguida de actividades para nenos de 3 a 12 anos ás 11.00 horas. Ao longo de toda a mañá haberá diferentes actividades e animacións de rúa co pasarrúas de Amado Lar ou o concurso-desfile de zocas que terá lugar as 13.00 horas na praza de Santa María.
Ás horas do mediodía terá lugar a ruta de tapeo polos bares da zona amenizada con cantos de taberna e a sesión vermú correrá a cargo do grupo Maseda. Pola tarde continuarán as actividades para os máis pequenos que se completarán con contacontos, títeres e xogos populares.
As 19.30 os cantos de taberna volverán a amenizar os locales hosteleiros na ruta de tapeo, mentras que os Festicultores Troupe animarán as rúas. Para pechar a xornada festiva, os grupos folk Ardentía e Carapaus darán un concerto na praza de Santa María.
Dende o concello do Valadouro animan a todos a participar desta festa tradicional.