104-73 O Breogán arrasa ao Leyma Coruña

O equipo celeste dominou de principio a fin e borrou con contundencia as dúbidas suscitadas polos  resultados do derbi nas últimas tempadas.

Nun Pazo entregado co ambiente único que o templo celeste é quen de xerar, os xogadores de Lezkano deron espectáculo ante un gran plantel como é o de Tito Díaz.

Con acerto en ataque froito  dun xogo fluído, e unha defensa seria e contundente capaz de deixar a un pivot dominador  como Olmos en 2 puntos, o Breogán demostrou que con intensidade é un equipo dificilmente batible.

Iván Cruz con con 19 puntos e 11 rebotes foi o xogador máis valorado  do locais, seguido por  Bropleh (22 puntos e 7 rebotes) .

O Breogán terá pouco tempo para gozar da vitoria e debe pensar xa na cita do martes 28, de novo no Pazo, ás 20:45 horas ante Calzados Robusta en encontro aprazado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com