O Concello súmase un ano máis á Hora do Planeta apagando a iluminación pública da Muralla, a Casa Consistorial e a Fonte dos Ranchos

O Concello de Lugo sumouse un ano máis á Hora do Planeta, apagando a iluminación pública da Muralla, a Casa Consistorial e a Fonte dos Ranchos, dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando así o compromiso da entidade local coa convocatoria promovida pola organización internacional WWF contra o cambio climático, a maior iniciativa global en defensa da natureza, e apoiada por Nacións Unidas.

O Goberno de Lugo convidaba esta mañá á veciñanza a sumarse a esta iniciativa cun pequeno gran xesto como apagar a luz unha hora esta tarde, co que todos poderían contribuír de xeito simóblico á defensa do medio ambiente, unha responsabilidade de toda a sociedade. Esta reivindicación cobra especial relevancia hoxe, posto que este 2017 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, unha pretensión que comparte o Goberno de Lugo.

Nesta edición participarán máis de 35.000 entidades de todo o mundo, máis de 500 en España, entre cidades, empresas e organismo. En Galicia son case 20 municipios, xunto con Lugo, os que apagarán a luz a favor do medio ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com