As XSG da provincia de Lugo organizan unha “Xornada pola Igualdade”

As Xuventudes Socialistas da provincia de Lugo e o Observatorio de Igualdade, de ámbito autonómico, celebraron na sala Maruja Mallo de Lugo unas Xornadas pola igualdade. Compostas por dúas mesas nas que interviñeron diferentes expertas no ámbito da igualdade. A agrupación xuvenil considera “prioritario e de vital importancia a realización deste tipo de actos para que “non retrocedamos nin un paso atrás e nos declaremos abertamente feministas” coa intención de “fomentar a igualdade especialmente entre as rapazas e rapaces máis novos”.

 A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, abriu as xornadas xunto con Miguel González, coordinador provincial das Xuventudes Socialistas da provincia de Lugo. Méndez agradeceu a invitación á organización xuvenil lembrando que “son non só o futuro desta sociedade, senón o presente pola súa aportación e a realización de actividades pensadas para resolver e por solución aos problemas dos máis novos e novas”.

 Na primeira mesa, titulada “adolescencias, novas tecnoloxías e violencia machista”, a doutora en psicoloxía, investigadora no grupo PSICOM e docente na USC, Patricia Gómez Salgado, explicou o contexto no que se desenvolve a vida cotiá dos adolescentes e a incidencia das TICs no incremento da violencia machista entre as novas xeracións. Pola súa banda, a educadora social e pedagoga en vivendas tuteladas, Sandra Rodríguez Jiménez, amosou a situación na que viven moitos mozos e mozas en risco de exclusión social e salientou “a forza con que se reproducen os estereotipos a través de publicidade ou cancións”.

 En canto á segunda mesa, “políticas de igualdade para a xuventude”, interviñeron a Concelleira Lucense de Benestar Social e Igualdade no concello de Lugo, Ana González Abelleira; a parlamentaria socialista e exconcelleira de Servizos Sociais no concello de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo; e a concelleira monfortina de Cultura, Ensino, Xuventude e Igualdade, Marina María Doutón Rajo. Coincidiron na importancia dos plans de igualdade, a necesidade de destinar recursos para o fomento da igualdade e a prevención da violencia machista, especialmente entre a xuventude.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com