Exposición de fotografías e carteis “Mondoñedo é Semana Santa”

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende hoxe a exposición titulada Mondoñedo é Semana Santa, que permanecerá ata o día 9 de abril.

No acto de inauguración participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o presidente da Venerable Orde Terceira de San Francisco de Mondoñedo, José Ramón Montenegro Espina.

A mostra recolle 40 imaxes da Semana Santa mindoniense, tanto fotografías das procesións e do viacrucis como carteis, entre eles todos os que sucesivamente foron anunciando o evento dende o ano 1999.

Durante a presentación, o delegado territorial destacou que esta exposición pon de relevo “a historia e riqueza” da Semana Santa de Mondoñedo, que, segundo destacou, suma espiritualidade e cultura “para se converter nun reclamo para visitantes que, crentes ou non, queren admirar o patrimonio monumental de Mondoñedo: A antigüidade das tallas; e a grandeza da Catedral e do seu Museo, das igrexas e do casco histórico da vila”.

No mesmo acto, a alcaldesa de Mondoñedo presentou o programa da Semana Santa, que comezará a véspera do Domingo de Ramos, o día 8 de abril -ás 21 horas-, co pregón que se celebrará na Casa da Xuventude.

A exposición pode ser visitada en horario de mañá e tarde, de luns a venres, o os sábados pola mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com