O grupo socialista municipal pedirá no Pleno do xoves que a Xunta permita aos veciños da zona rural compartir o bus escolar

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Lugo defenderá no Pleno ordinario deste xoves unha proposta na que pide á Xunta de Galicia que permita aos veciños e veciñas da zona rural compartir os buses escolares co fin de facilitarlles os desprazamentos á cidade.

O voceiro socialista e Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, explicou que a supresión da liña de bus regular entre Palas e Lugo “provoca que as persoas que queiran desprazarse á cidade teñan que facelo en vehículos particulares ou taxis, co agravante de que moitos destes veciños e veciñas son persoas de avanzada idade, que non dispoñen de vehículo propio”.

Fernández subliñou que permitir aos veciños a utilización do servizo de transporte escolar “é unha solución que xa se ten adoptado noutros concellos de Galicia, o que redunda na mellora da calidade de vida da nosa zona rural”.

Así mesmo, o voceiro indicou que o grupo municipal socialista tamén solicitará que a Xunta amplíe este servizo á época non lectiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com