O PP lémbralle ao BNG que o xulgado de violencia de xénero xa está previsto no Pacto Estatal

A Concelleira do Partido Popular, Encarna Amigo, criticou “o afán de protagonismo do BNG” por mor da recollida de sinaturas que os nacionalistas veñen de pór en marcha en Lugo  para reclamar a creación dun xulgado específico de violencia de xénero, un recurso que, subliñou, “xa se está tramitando”. Encarna Amigo recriminaba aos nacionalistas a súa actitude xa que “o xulgado de xénero que piden xa se contempla no Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero que se está a debater nas Cortes Xerais”.

Para a concelleira e deputada lucense “a decisión unilateral do BNG de desmarcarse dun consenso acadado no Parlamento Galego” só pode responder á necesidade que ten este partido “de chamar a atención para intentar gañar un protagonismo político do que carecen a nivel nacional”. A popular insistiu en que “nun tema tan sensible coma este todos deberíamos traballar conxuntamente”.

Nese senso Encarna Amigo manifestou que “estaba fóra de lugar esta recollida de sinaturas” criticando que, unha vez máis, se utilice a violencia machista como arma arroxadiza política”.

A concelleira e deputada popular salientou que “todas as cuestións aprobadas por consenso teñen unha maior forza e posibilidade de saír adiante que aquelas que se utilizan de xeito partidista e con ánimo de sacar rendibilidade política”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com