O Concello presentará ante Fomento unha solicitude para crear unha comisión de seguimento do protocolo de creación intermodal

O Concello de Lugo, presentará hoxe unha solicitude ante o Ministerio de Fomento no que se pedirá a creación dunha comisión de seguimento do protocolo que se está a levar a cabo sobre o proxecto da estación intermodal. Así o afirmou esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen reivindicou que Fomento ten que pór da súa parte para que a Estación Intermodal “sexa pronto unha realidade” na cidade.

Méndez asegurou que “o futuro da cidade pasa por ter unha intermodal” e que este proxecto, viuse frenado a causa do PP no 2012, cando rescindiu este contrato co que tildou de “nocturnidade e alevosía”, referíndose ao silencio institucional que o Concello recibiu por parte do ministerio e da Xunta.

Méndez afirmou que o PP mentiu tanto ao concello como á cidadanía “convertindo a Lugo na capital galega peor comunicada”.  O Goberno municipal tomará a iniciativa para intentar desbloquear este problema e “que a intermodal de Lugo sexa un tema de primeira orde para todas as institucións implicadas no proxecto”, asegurou a rexedora.

Por iso mesmo, o equipo de Méndez solicitará a Fomento que convoque a comisión de seguimento de protocolo asinado polo Ministerio, a Xunta, o Concello e Adif; “aínda que entendemos que debería ser o Ministerio quen fixera esa convocatoria”.

Méndez destacou que Lugo foi un referente en transporte e comunicacións e asegurou que “desexamos que a cidade volva ao seu explendor nese eido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com