O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, en declaracións feitas a LugoSiRadio e Xornaldelugo.com, amosou a súa satisfacción por volver pertencer ao partido no que militou os últimos 40 anos.
Martínez declarou que el nunca deixara de ser socialista porque “o socialismo é un sentimento”. Agradeceu tamén aos seus compañeiros que fixeran o posible para que el puidera volver ao Psoe , primeiro volvendo á Comisión de Goberno, o que deu pe a que se reintegrara ao seu labor como Deputado de Vías e Obras, e logo fose nomeado Vicepresidente da Deputación, en paga de Álvaro Ramos de quen dixo que se podía sentir orgulloso polo acto que fixo, renunciando ao posto e poñendo os intereses do partido por riba dos del, o que o honra.
A preguntas de a quen ía votar nas primarias do partido socialista, deixou claro que non o fará a Pedro Sánchez, de quen dixo que “coa súa política de asembleas, debería estar en Podemos, xa que o Partido Socialista non é un partido asembleario”.