Esta maña tivo lugar a presentación da Festa do queixo de San Simón da Costa, que se celebrará en Vilalba esta fin de semana.
Na presentación paticiparon o delegado territorial, José Manuel Balseiro, o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, e a vicepresidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Queixo San Simón da Costa.
Programa
Sábado, 1 de abril
11:30 – Final do Concurso de Tapas do Queixo de San Simón da costa na praza, mediante a realización en directo das tapas dos finalistas de cada categoría.
16:30 – Taller de cociña para nenos a cargo da gañadora de MasterChef Junior 4, Paula.
19:00 – Pregón a cargo de Pepe Solla
- Entrega de premios do concurso de Carteis da festa do queixo de San Simón da Costa.
- Entrega de premios do X Concurso de tapas do queixo San Simón da Costa
Domingo, 2 de abril
12:00 – Showcooking de Antonio Lorenzo (Rest. A Faragulla). Aplicacións do queixo San Simón nas tapas da nova cociña galega
13:30 – Showcooking de Iván Domínguez (Rest. Alborada, 1* Michelin)