A Consellería de Cultura, celebrará este mes na Biblioteca Nodal, os aniversarios do nacemento de tres ilustres escritores galegos: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Xosé María Álvarez Blázquez.
Así, unha das plantas do centro acollerá ao longo deste mes, mostras bibliográficas sobre a obra dos tres escritores; a primeira quincena estará dedicada a Pondal e Álvarez Blázquez, e a segunda a Rosalía de Castro.
O último venres do mes, o 27 de febreiro, haberá un obradoiro infantil, no que os pequenos traducirán en imaxes, elaborando un mural conxunto, o poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro.
Feb 09, 2015 - 02:42 PM
A biblioteca Nodal celebra este mes o nacemento dos poetas galegos Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Álvarez… http://t.co/pNXDXxN0CY