O Goberno da Deputación presenta a canle de crowfounding Goteo, na provincia de Lugo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou hoxe o canal da plataforma de crowfounding Goteo para Lugo, organizado polo Goberno da Deputación, a Fundación Goteo e a Fundación Uxío Novoneyra. A presentación incluíu un obradoiro de formación sobre a financiación de crowfounding para asesorar sobre este modelo de financiamento aos proxectos seleccionados pola área de Cultura da Deputación.

O Executivo Provincial colabora coa Fundación Uxío Novoneyra cunha achega económica de 35.000 euros para a celebración de diferentes actividades e obradoiros durante todo o ano. García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación e en colaboración con ambas fundacións, creamos un equipo reforzado que aposta por este tipo de iniciativas para que exista, na provincia de Lugo, unha canle que fomente proxectos relacionados coa economía creativa e de colaboración”.

No obradoiro, que ofrece o organismo provincial, Goteo asesorará aos 5 proxectos seleccionados pola área de Cultura da Deputación, para deseñar a páxina de crowfounding de cada un dos proxectos e aportarlles información sobre este tipo de financiamento.

Os 5 proxectos seleccionados pola área de Cultura para o asesoramento sobre crowfounding son:

O Proxecto Cuento mindfulness ‘Cae una estrella’ que busca nos nenos unha maior relaxación e paz interior coa axuda dos pais. O libro inclúe ensinanzas para traballar cos máis cativos e para vivir a vida con calma e tranquilidade.

– O Proxecto Liga Santaballesa que consiste na creación dunha nova parte do museo da Casa Habanera, na parroquia de Santaballa, no Concello de Vilalba, que englobe a ruta de 15 km que recorre os puntos estratéxicos e de máis interese recreando os momentos históricos.

O Proxecto Custodia do Territorio co que recuperará a fauna e, especialmente, a flora da Comarca da Ulloa, eliminando o eucalipto.

O Proxecto AIE – Internship, unha plataforma web de mobilidade internacional que conecta a estudantes universitarios, con organizacións ou empresas de nova creación que se localizan en cidades ‘Low cost’, ofrecendo oportunidades de prácticas internacionais en empresas europeas. O obxectivo é desenvolver unha nova xeración, innovadora e culturalmente visible.

O Proxecto da Sociedade Protectora de Animais e Plantas que consiste na creación e mellora das instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Entre as iniciativas destaca a creación dunha gateira e unha clínica, ademais de aumentar o número de metros cadrados de cada parcela para que os animais teñan unha maior comodidade, entre outros obxectivos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com