Lara Méndez e Ana González Abelleira súmanse á campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, sumáronse á campaña da asociación Capaces Lugo, que busca a concienciación para dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con este trastorno e as súas familias.

Esta campaña coincide coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar mañá domingo, 2 de abril, baixo o lema Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible.

A cidadanía que queira participar na campaña de Capaces Lugo, pode subir as súas fotos ou vídeos rompendo o papel que simboliza a ruptura das barreiras polo autismo ás redes sociais co hashtag #DíaMundialAutismo, e enviándoas por WhatsApp ao teléfono 619-17- 08-90 ou ao correo electrónico capaceslugo@gmail.com e esta entidade compartiraas nos seus perfís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com