A Xunta asina un convenio coa Asociación contra o Cancro e o albergue LUG II para facilitar o uso das instalacións do complexo residencial

A Xunta de Galicia facilitará aos doentes de cancro e os seus familiares o uso en condicións vantaxosas das instalacións do complexo residencial LUG II, dependente da Consellería de Política Social.

Así o confirmaou o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, xunto con María Luz Abella García, presidenta da Asociación contra o cancro de Lugo e o diretor do devandito albergue, José Luis Garza Sierra, tras a sinatura dun convenio de colaboración, no que se estipulan unhas vantaxes económicas para que doentes e familiares poidan permanecer no complexo residencial.

O delegado territorial explicou que o obxectivo é que os doentes e os seus acompañantes que, procedentes doutros puntos, deban recibir tratamento ou trasladarse a Lugo por calquera circunstancia, poidan ter este centro de referencia para os servizos de aloxamento e manutención.

O LUG II ofertará prezos especiais para as persoas procedentes da Asociación Española contra o Cancro ou que demanden nela estes servizos.

Balseiro destacou que “a intención é que a estadía dos pacientes e familiares sexa o menos gravosa posible no aspecto económico, facilitando un aloxamento confortable, con todas as prestacións, situado no centro da cidade”.

A presidenta en Lugo da Asociación contra o Cancro, destacou que este convenio é unha resposta “xusta e humana” da institución rexional a unha idea que a asociación tivo para mellorar a vida dos doentes desta enfermidade.

Asemade, María Luz Abella asegurou que esta posibilidade que ofrece tanto a Xunta como o albergue será “difícil de esquecer” por todas estas persoas que disfruten desta axuda. E que ao mesmo tempo de ofrecer un aloxamento, transmite unha esperanza en un avance na loita contra o cancro.

O albergue LUG II ofertará prezos moi competitivos que incluso rebaixan a tarifa xuvenil que normalmente ten este centro. O aloxamento en pensión completa será de 21 euros ao día, mentras que gozar só de dormitorio custará, se proceden da asociación contra o cancro, 8 euros. Asemade, o albergue rebaixa tamén os prezos de comida e cea ata chegar aos 5 euros e o almorzo en buffet será 3 euros.

Asemade, quixeron destacar a vitalidade que ten o complexo residencial é que consideraron un ámbito idóneo para que os doentes non só descanses senón que tamén se evadan, dentro do posible, da súa doenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com