Detidos en Lugo os presuntos autores dun delito de furto de 62 farois de iluminación pública

A Garda Civil de Lugo detivo  o pasado onte a dous veciños desta Capital, como supostos autores dun delito de furto de farois de iluminación pública, que os autores do feito delituoso subtraeron das instalacións do mercado gandeiro que ten o Concello de Paradela, onde subtraeron 62 farois completos (postes, lámpadas e tulipas), valorando a totalidade do subtraído en 7.440 euros.

A investigación desta infracción penal conduciu aos Axentes  cara a dúas persoas sospeitosas, as cales realizaran a venda do material  nunha Chatarreira da provincia de Lugo. Das investigacións levadas a cabo pola Garda Civil conseguiuse deter ás persoas relacionadas cos feitos delituosos,  quedando probada a autoría das infraccións penais investigadas, así como a localización dos efectos subtraídos e a devolución dos mesmos ao Concello de Paradela.

Os detidos foron postos a disposición do titular do Xulgado de Instrución Número Tres de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com