Lugo acollerá a 26 edición de Equiocio, o espazo de lecer equino que chega por primeira vez á cidade

O Concello de Lugo presentou esta mañá a 26 edición de Equiocio, a proposta de lecer en familia relacionada co mundo equino que chega por primeira vez á cidade de Lugo do día 13 ao 16 de abril.

No acto de presentación estuveron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Deputado provincial Álvaro Santos Ramos, ademáis da directora de Equiocio, Ana Lago e do presidente da Fundación de Dano Cerebral de Lugo (Fudace), Luis Abelleira, fundación á que se destinará todos os cartos que se consigan deste evento. Asemade, estaban presentes representantes das distintas entidades privadas que colaboran ano tras ano con esta competición cabalar.

Ana Lago, presentou este evento como un impulso turístico para a cidade e resaltou que esta proposta de lecer é unha suma de moitas partes tanto públicas como privadas que sosteñen a base do evento, para xerar en Lugo un pulo económico e traballar pola cultura.

Do mesmo impulso falaba Álvaro Santos Ramos na súa intervención resaltando que este evento é un traballo moi grande no que a Deputación non podería quedarse ao marxe. Asemade felicitou á cidade de que Equiocio escollera Lugo para celebrar a súa 26 edición e asegurou que non será a última vez que se celebre esta competición na cidade “pois teño claro que volverá a ser aquí ano tras ano”.

Santos Ramos destacou o caracter autónomo deste evento como unha competición con atractivo propio “asequible e chamativa” non só para os apaixoados dos cabalos senón tamén para todos aqueles que decidan quedar en Lugo durante a Semana Santa e ter, así “unha proposta de lecer máis”.

Equiocio celebrarase do 13 ao 16 de abril, na cidade de Lugo e contará con máis de 150 cabalos, ademáis de xinetes de toda España e de Portugal entre os que se atopa o Olímpico Antonio Bozone. Non faltarán, ademáis, actividades para as familias, e para os nenos e permanecerá aberto tódolos días de 10 da mañá a 9 da tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com