Presentada a XLVII edición da Festa do Augardente de Portomarín

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da Festa da Augardente de Portomarín, que se celebrará o os días 15 e 16 deste mes e inclúe a VII Degustación da Anguía e a tradicional recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde Serenísima da Alquitara.

O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Portomarín, Juan Serrano; Alfredo Sánchez Carro, Gran canciller da Orde Serenísima da Alquitara; o fundador da citada Orde, Manuel Castelo Fernández, e a xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, María José Gómez.

Os novos cabaleiros e damas que Ingresarán na Orde Serenísima da Alquitara na presente edición serán:

 D. Darío Campos Conde (Presidente Exma. Deputación Provincial de Lugo”.

Club de Fútbol Portomarín.

D. Javier García Amigo (Jefe Provincial da Policía Autonómica).

D. Daniel López Vázquez (Empresario de Portomarín).

D. José Pérez López (Colleiteiro de Portomarín).

D. Mario Fernández Sindín (Avogado de Portomarín).

D. Marcelino González Brea (Subdirector Unidade Hidraulica de Gas Natural Fenosa).

D. Antonio Fernández Milo (Presidente da Asociación Cultural Lemavos de Monforte”.

D. Francisco Real Castro (Presidente Asociación Provincial de empresarios de hostalería e Turismo de Lugo).

D.Ramón Alonso Alonso (Copropietario de Cafés las Candelas).

D. Miguel Ángel Gómez González (Autor do libro: “Aguardiente, história de sus orígenes y evolución”).

Damas:

Dna. Pilar López Yáñez (Alcaldesa do Concello de Sarria).

Dna. Antía Yáñez Rodríguez (Autora da novela “O misterio de Portomarín).

Dna. Mª Carmen Pérez Fontao (Presidenta da asociación de mulleres rurais de Portomarín “O Xaramago”).

Dna. Sol María Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio e Consumo).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com