O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, deu a coñecer esta mañá o nomeamento de Javier Arias Fouz como novo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Lugo.
Arias, que hoxe toma posesión do seu posto, é funcionario da Deputación Provincial de Lugo, onde exerceu como asesor xurídico e medioambiental da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa).
Licenciado en dereito, o novo xefe territorial posúe másters en urbanismo e ordenación do territorio e en dereito ambiental, e amplos estudios sobre urbanismo e dereito administrativo.