As rúas luguesas acollen a décima edición do Street Market

Ao longo deste venres, as rúas de Lugo acollen a décima edición do Street Market. Nesta edición, a máis exitosa de todas, participan un cento de comercios da cidade, que ofertan ata o 80% de descontos en artigos de todos os sectores ao longo deste venres. A xornada comercial desenvolverase ata as 21:00 horas e nela danse cita unha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: textil, calzado, regalo, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, mercería, perfumes, deporte, herboristería e golosinas, entre outros.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, visitaron este mediodía os postos da décima edición do mercado comercio na rúa Street Market, organizado pola Asociación de Autónomas coa colaboración do Concello e a Deputación. A esta visita tamén se sumou a ex-presidenta deste colectivo e impulsora desta iniciativa, Nora Real, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com