Nunha xornada festiva e con altas temperaturas, desenvolveuse unha nova edición da Feira do Viño de Amandi. Dende primeiras horas da mañá centos de visitantes foron chegando a Sober para participar nesta feira que xa vai pola XXXVII edición. Á mesma asistiron autoridades e convidados entre os que se atopaban: a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o Deputado de Turismo e Cultura Eduardo Vidal Baamonde e o alcalde de Monforte, entre outras moitas persoas que se achegaron ata a Ribeira Sacra para degustar os inigualables caldos de Amandi.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.