A Garda Civil imputa como investigados a catro persoas como supostos autores dun delito de roubo con forza dun transformador eléctrico instalado no termino municipal de Baralla e valorado en máis de 6000 euros. As persoas investigadas son catro varóns, de 21, 23, 28 e 35 anos de idade, todos eles veciños de Lugo.
Axentes da Garda Civil logo de ter coñecemento da subtracción inician unha investigación que da como resultado a localización da carcasa baleira do transformador subtraído nas inmediacións dun poboado próximo á Capital. É entregada á empresa propietaria do material subtraído a carcasa recuperada.
As persoas investigadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Becerreá.