O Concello de Lugo toma razón da sentenza do TSXG para anular o proxecto do Garañón

A Xunta de Goberno local do Concello de Lugo tomou razón hoxe da firmeza da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que leva consigo a anulación do proxecto de urbanización da unidade de actuación CS-5, o coñecido como O Garañón, de maneira que se abre o procedemento para acatar as sentenzas de derrubar o edificio. A rexedora informou deste novo paso na Comisión non Permanente sobre a CS-5, que se reuniu onte no Salón de Comisións.

Tras a toma de razón da firmeza das sentenzas do TSXG sobre O Garañón por parte da Xunta de Goberno, o seguinte paso, segundo explicou a Alcaldesa, consistirá en requirir ao construtor que no prazo de tres meses presente os oportunos proxectos de urbanización e de obra de edificación, axustados aos criterios e solucións referidos á protección do patrimonio cultural que a tal fin estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura.

O Grupo municipal do Partido Popular criticaba esta mañá, a actitude á defensiva, que mostrou onte o grupo no goberno na Comisión do Garañón. O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira salientou que Lara Mendez se presentou con poucas ganas de escoitar, e asegura que semellaba que só buscaban un marco para dar conta da folla de ruta que teñen previsto seguir”.

Outra percepción dos populares con respecto á xuntanza de onte é o afán do PSOE por torpedear, dilatar e descafeinar, dixo Castiñeira, o funcionamento deste órgano xa que a alcaldesa pretendía postponer a vindera reunión ata o verán.

Para evitar esta parálise, afirma o PP, a oposición acordou unhas normas mínimas de funcionamento e asumiu a potestade de fixar a periodicidade das reunións, os puntos da orde do día así como a capacidade de solicitar informes tanto externos como internos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com