O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado da Área de Turismo e Cultura Eduardo Vidal, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural Miguel Fernández e a Directora de Equiocio, acompañados doutras autoridades inauguraron a XXVI Edición do Equiocio, que se celebra en Lugo por ver primeira entre o 13 e o 16 de abril, no Pazo de Feiras e Congresos.
Santos Ramos apuntou que “Lugo acolle por primeira vez Equiocio, unha grande oportunidade para a cidade, pois crea riqueza; e tamén para os veciños, xa que teñen unha oferta lúdica diferente para estes días pois esta cita non é só unha oferta atractiva para os apaixoados do mundo do cabalo, senón que é asequible e cercana a todos os públicos”
“Quero salientar que se hoxe estamos aquí, inaugurando o Equiocio 2017, é froito do traballo feito con ilusión entre os organizadores, Concello de Lugo e Deputación. De feito, dende o Goberno da Deputación achegamos 10.000 euros para financiar este evento. E facémolo porque Será un imporante impulso económico para a cidade, pois move a un grande número de amantes do mundo do Cabalo”, subliñou.
Santo Ramos subliñou que ademais as actividades desenvolveranse no inauguraron a XXVI Edición do Equiocio, que se celebra en Lugo por ver primeira entre o 13 e o 16 de abril, no Pazo de Feiras e Congresos, porque tanto dende o Goberno da Deputación como do Concello “buscamos darlle un uso público e máis social a este espazo, acollendo iniciativas tan interesantes como a é o Equiocio”.
“Este é o xeito de medrar como cidade, como provincia e como sociedade: traballando man con man; construíndo entre todos para conseguir que Lugo conte”, sentenciou.
Equiocio 2017
Equiocio é un evento que desenvolve entre o xoves 13 e o domingo 16 de abril no Pazo de Feiras e Congresos. Inclúe 3 partes, unha deportiva, na que se engloba o campionato de salto a nivel nacional, de 2 estrelas, nos que participarán uns 150 xinetes de distintas partes de España e Portugal; unha lúdica, que inclúe exposición e venda de artesanía, o Equiocio Consciente (de asociacións, ONGs), venda de cadros e mercadiños e exposición do traballo de distintas asociacións e colectivos; e por último, a infantil, con zona de xogos. A entrada custará 3 euros -os menores de 16 anos entrarán gratis-, e irá destinada á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).