Monforte inaugura a XV Feira Medieval, co apoio da Deputación

O Presidente da Deputación, Dario Campos Conde asistiu este sábado á inauguración da XV Feira Medieval de Monforte de Lemos. Dende o Goberno da Deputación de Lugo vense apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de 30.000 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará a Monforte de Lemos, no marco do Plan Único, 500.000 euros. E desta cantidade, o Concello poderá investir ata 30.000 euros na Feira Medieval.

Campos Conde remarcou a consolidación que acadou este evento no calendario lúdico da Semana Santa e a súa capacidade para impulsar a economía da comarca durante estas datas. O Presidente agradeceu a implicación de todos os sectores que participan nesta Feira, tanto o Concello, os hostaleiros, os comerciantes, así como os artesáns, xa que co seu traballo dinamizan a oferta turística da provincia dun xeito único.

A XV Feira Medieval de Monforte conta cun cento de postos, a cifra máis alta desde que se celebra a feira. O programa mantén actividades de gran acollida en pasadas edicións, como as xustas medievais no campo dos Escolapios, o tiro con arco na Régoa, os espectáculos de lume e os paseos en burriña na Praza de España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com