A Deputación oferta cinco novos postos de traballo gracias ao DEPUemprego

O Goberno da Deputación xera outros 5 postos de traballo en 2 concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

O ente provincial anunciou esta mañá que está aberta a solicitude dos 4 empregos que a Deputación ofrece en Ribas de Sil e dun posto ofertado en Trabada, para os cales se poderán inscribirse nos concellos.

En Ribas de Sil, ofértanse 4 postos, 3 peóns de obras de mantemento e 1 de oficial de primeira condutor. O prazo para presentarse está aberto ata o vindeiro luns, 24 de abril, pola súa banda o concello de Trabada terá aberto ata o 3 de maio o prazo de selección para un peón de servizos múltiples.

Con estas 5 ofertas en proceso de selección, xa son 221 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 58 municipios da provincia a través do DEPUemprego, así o explicaba esta mañá Sonsoles López Izquierdo, deputada da área de economía.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com