Cristóbal Víctor Fraga Bermejo toma posesión da súa praza de Secretario da Deputación

Deputación anunciou que o novo Secretario do ente provincial , Cristóbal Víctor Fraga Bermejo, tomou posesión esta mañá da súa praza, nun acto celebrado en San Marcos no que prestou xuramento ante a Constitución. Fraga Bermejo estivo acompañado polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, quen lle deu a benvida á institución provincial e lle presentou aos voceiros da oposición, Elena Candia López, do PP, e Xosé Ferreiro Fernández, do BNG, así como a outros técnicos da Deputación.

O novo Secretario sustitúe no posto a Manuel Castiñeira, quen exerceu de forma provisional as funcións da Secretaría Xeral nos últimos 14 meses. Castiñeira reincorporarase á súa praza de Secretario no Servizo de Asistencia e Asesoramento aos Concellos da Deputación. As funcións básicas do Secretario son o asesoramento legal sobre procedementos administrativos e o exercicio da fé pública na institución provincial. O posto só pode ser ocupado por funcionarios de carreira con habilitación estatal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com