A Deputación promove a ‘Biblioteca de Mesopotamia’ distribuindo exemplares por toda a provincia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, inauguraron hoxe a colección de volumes, Biblioteca de Mesopotamia, que tivo lugar na Pinacoteca do Colexio Nosa Señora da Antiga, no municipio monfortino. Fixérono xunto ao autor da introdución do volume que abre a colección, Claudio Rodríguez Fer, e ao escritor Antón Lopo. O organismo provincial colabora con esta iniciativa cultural adquirindo 100 exemplares para distribuílos por toda a provincia. 

A Biblioteca de Mesopotamia é un proxecto impulsado polo escritor e editor Antón Lopo a través da editorial Chan da Pólvora co obxectivo de difundir a literatura e os autores da Ribeira Sacra. A obra seleccionada para abrir a colección foi Contos de Mesopotamia, de Ánxel Fole, que conta con dez relatos do autor relacionados coa Ribeira Sacra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com