A precandidata á Secretaría Xeral do PSOE, Susana Díaz, compartirá unha cea con militantes do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo o vindeiro sábado 29 de Abril as 20:30h no Hotel Torre de Nuñez, o prazo para confirmar asistencia remata o venres 28.
Asemade, dende a Coordinadora Provincial da Campaña na provincia de Lugo, Lugo con Susana, esperan contar nas vindeiras semanas con outros membros do equipo de Susana Díaz como Eduardo Madina.