A Deputación abriu hoxe e ata o 9 de marzo incluído, o prazo de solicitude das axudas do plan de 2,2 millóns de euros, en impulso do rural e do sector primario.
Escoitamos ao Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos Ramos:
Toda a información está xa publicada na web do ente provincial deputacionlugo.gal.
Doutra banda, a Deputación ven de comunicar que os veciños da provincia poderán volver a contemplar no Museo Provincial de Lugo, as pezas da colección de ourivería prerromana de Álvaro Gil dende as cinco da tarde de mañá, momento no que dará comezo un acto público, que servirá para inaugurar a reapertura da sala número 8 da galería lucense, lugar que volverán ocupar obxectos de gran valor como o Torques de Burela ou o Carneiro Alado.