Unha nova edición da Masa Crítica terá lugar este xoves reivindicando pola cidade o uso da bicicleta

Este xoves, como todos os últimos xoves de cada mes dende hai máis de 9 anos,  celebrarase en Lugo unha nova edición da Masa Crítica, o paseo colectivo e lúdico en bicicleta que reivindica polas rúas de Lugo o uso deste vehículo como un medio de transporte ecolóxico, económico, saudable  e divertido.

O principal o obxectivo destas marchas é facer de Lugo un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación, así o afirman os seus promotores quen invitan a todos os cilousuarios lucenses.

A saída en bicicletas terá lugar, como xa é tradicional, ás 20:15 desde a Praza Maior (diante do Concello) e,  nun ambiente de festa e diversión, acompañados por música, a Masa Crítica seguirá a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com