A Xunta inicia dúas obras dirixidas á mellora da seguridade viaria na variante de Viveiro en Covas

A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, acometerá nos vindeiros días dúas actuacións de mellora da seguridade viaria en Viveiro, nas que investirá 47.000 euros. O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata a variante de Viveiro -estrada LU-539- para dar conta dos traballos que se executarán nesta zona co fin de incrementar a seguridade dos usuarios do paseo peonil.

O proxecto conta cun orzamento de 42.930 euros e afectará a un tramo de 150 metros de ámbito urbano, polo que se executará un petril estético, de tipo monorraíl e tubular fabricado en aceiro. O obxectivo é ampliar os sistemas de protección para evitar que o impacto dun vehículo poida supoñer a caída a un nivel inferior por onde circulan os peóns ou ciclistas.

Por outra banda, e nun entorno próximo, concretamente na estrada LU-862 no núcleo de Covas, a Xunta actuará sobre o paso de peóns existente entre o cuartel da Garda Civil e o IES María Sarmiento. Pasará a ser un paso sobreelevado para conseguir diminuír a velocidade de tránsito dos vehículos e mellorar a seguridade viaria dos peóns que cruzan a estrada. O custo aproximado das obras será de 4.000 euros.

O delegado explicou que con estas iniciativas a Xunta “atende as demandas dos veciños e veciñas de Viveiro, que reclamaban unha actuación para reducir os riscos neste puntos de moito tráfico e moi utilizados polos peóns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com