O Concello asegura que seguirán adiante coas negociacións dos orzamentos para este ano

O Concello de Lugo seguirá adiante coa folla de ruta marcada para deseñar os seus orzamentos de 2017. Así o afirmou esta mañá o voceiro do Concello, Miguel Fernández quen asegurou que o éxito dos mesmos pasa pola negociación con todas as forzas para chegar a acordos porque, dixo, “máis é sinónimo de mellor”.

Fernández asegurou que o equipo de goberno intentará falar con todos os grupos, especialmente os da esquerda. Así, botou a vista atrás e lembrou que esta mesma idea tivérona cando comezou a súa lexislatura, pero que non acadou os acordos que esperaban da esquerda, o que deu como resultado que a día de hoxe aquela posibilidade traducírase en “tácticas cortoplacistas”, o que considerou un erro, “pois a estratexia da esquerda debería ser gobernar facendo políticas sociais, para transformar a sociedade e mellorar a cidade, pois a outra opción sería volver a épocas pasadas”.

Asemade, asegurou que Lugonovo non está en contra dos orzamentos, tras o anuncio que fixo onte esta agrupación de que se absterá na votación destes presupostos.

Fernandez tamén deixou claro que, aínda que dende un principio estiveron en contacto cos demáis grupos, seguirán “con máis forza en conversas con todos os grupos porque o que interesa é que haxa uns orzamentos para mellorar as condicións de vida na cidade”.

“Queremos uns orzamentos ambiciosos que sexan os máis inversores dos ultimos anos para paliar as carencias que a Xunta e o Goberno Central teñen para con Lugo e conseguir uns presupostos sociais e que traballen para a cidade e para os grupos”, concluíu Fernández.

 

Neste mesmo orde, o BNG anunciou esta mañá que está prevista para mañá unha xuntanza formal entre os grupo municipal do BNG – AA e o grupo municipal do PSOE encamiñada a facilitar a aprobación dos orzamentos municipais. O voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, lembrou que “a decisión final será da asemblea do BNG na que, ademais da militancia, poderán participar simpatizantes e todas as persoas que participaron no proceso do BNG – Asembleas Abertas no que se conformou a candidatura”.

Rubén Arroxo sinalou que “a experiencia destes anos non é positiva pero é responsabilidade de todos que o concello conte cuns orzamentos este ano” e informou que “teñen unha serie moi ampla de propostas novas, e algunha que reiteran do ano pasado”.

Para o BNG – AA “a creación da zona pública de baño é un dos temas máis lamentables por que os gobernos socialistas levan retrasando a súa execución dende que o BNG a propuxo no ano 2009, e denunciou que todos os anos hai unha partida económica que non se executa para a zona pública de baño”

Arroxo sinalou que “precisan unha clarificación das propostas a executar cos fondos EDUSI para poder tomar unha decisión, que será colectiva, e que permita a aprobación dos orzamentos municipais”. Arroxo lembrou que outras das propostas que o BNG-AA levará ao pleno será a de destinar os fondos do Plan Único da Deputación ás parroquias do concello iniciando a instalación do abastecemento de auga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com