O Concello pavimentará e ampliará servizos en 12 espazos públicos con 533.000 euros ao abeiro do Plan Único da Deputación

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a participación do Concello no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos impulsado pola Deputación, así como ao investimento dos 500.000 euros asignados a Lugo ao abeiro deste programa, á mellora e ampliación de servizos nunha ducia de espazos públicos da cidade e o rural.

A esta contía, o Concello suma, seguindo a normativa do Plan Único, 33.189,32 euros, co que o importe total das actuacións ascende a máis 533.000 euros.

As actuacións e o investimento aprobado ao abeiro do Plan Único son de pavimentación para as rúas Filgueiro, Mestre Mendez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella. No barrio das Gándaras, se pavimentará e se levarán servizos á rúa Fonmiñá e Piñeiral; as mesmas obras se realizarán na rúa Flor de Lis, tamén do barrio de Abella,e na zona centro da cidade, a rúa da Xesta e do Freixo.  

Por último o Concello prevé unha pavimentación e a ampliación da rede de abastecemento ao abeiro do Plan Único na urbanización Bellavista, na parroquia lucense de Esperante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com