Lugonovo propón recuperar os espazos do Casco Histórico

O Grupo Municipal Lugonovo levará mañá ao Pleno unha proposta para ampliar a todo o Casco Histórico a declaración de Patrimonio da Humanidade que xa ostenta a Muralla. A medida serviría para agregar ao seu ámbito de protección a todo o recinto que se atopa dentro dos límites do monumento romano, “algo que consideran urxente e prioritario para frear o seu decaemento”.

Santiago Fernández Rocha, voceiro desta agrupación, afirmaba esta mañá que as vivendas sen concluír contraveñen a Lei do Solo, e os soares en ruinas ou inmobles deteriorados están invadidos por maleza e lixo “o que é un sinal evidente de que non se lle presta ao centro neurálxico de Lugo a atención debida”.

 

Unha situación de desamparo que, ao xuizo de Fernández Rocha, “se pode reverter aproveitando os efectos que tería a extensión do recoñecemento internacional da Unesco e as imposicións, en materia de conservación, ás que esta mención obriga”.

Non obstante, os edís e a edil da formación consideran que a administración local debe ser, igualmente, outro dos piares nos que asentar a estratexia de recuperación do Casco Histórico.

O voceiro afirma que o Concello “ten que facer unha aposta decidida pola rexeneración e dinamización desta parte da cidade” e lembra que, no pasado mes de novembro, Lugonovo impulsou xa unha iniciativa para diminuir a fealdade urbanística nesta contorna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com